SÁBADO
10 DE XANEIRO 2015
Asociación
de Veciños de Francos (Calo-Teo)
A
Asociación Teta e Coliño celebra un novo Encontro de Troco. Podes traer doazóns
ou lotes para trocar, recoller as túas reservas… ou simplemente, vir botar un
ollo á exposición e facernos unha visita!
Se
todavía non coñeces o banco ou queres ver o fondo actual, podes visitalo aquí: Banco de Troco Teta e Coliño
Estaremos
alí desde as 12:30 da mañá. Despois comeremos tipo picnic (dentro do local).
Pola tarde continuaremos co encontro.
Aviso
1. Imos necesitar voluntarias para a colocación e recollida da roupiña. Se
podes colaborar en algo, avísanos! Gracias!!
Aviso
2. Para socias: se algunha quere recoller o seu diploma de lactancia, ou ben
levar en préstamo algún libro, avisade con antelación e volo levamos.
Asistencia
libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidos.
COMO
CHEGAR:
Desde
Santiago
N-550
dirección Padrón
A uns
7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos
o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello e Lampai
Saímos
nese cruce á dereita e seguimos.
A uns
200 metros seguimos a indicación do cartel de “Capela de San Martiño”, que nos
desvía á dereita
O
local está ó lado da capela.
Desde
Padrón
N-550
dirección Santiago
Pasamos
Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos lentos, saímos á dereita
(dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos
dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns
200 metros seguimos a indicación do cartel de “Capela de San Martiño”, que nos
desvía á dereita
O
local está ó lado da capela.
Se te
perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489