Obradoiro LACTANCIA E INCORPORACIÓN
Ó TRABALLO REMUNERADO: TI PODES!!
Destinatarias: embarazadas e nais lactantes, familiares, coidadoras e educadoras infantís, persoal sanitario que traballe con nais e bebés, etc.
-É compatible a lactancia co traballo?
-Terei que extraerme leite? como? cando?
-Como funciona un sacaleites? que tipos hai?
-Que cantidade de leite debo deixar para o meu bebé na miña ausencia?
-Como conservar o leite? pódese conxelar? que envases podo utilizar?
-Que pasa se o meu bebé non acepta o biberón?
-E se non quero/non podo extraerme leite, que pasará?
Xa pasaches pola situación? queres contarnos que tal? vén compartir a túa experiencia!
- Día: xoves 12 de marzo 2015
- Hora: 17:00h
- Lugar: local da Asociación de veciños Novo Vigo. Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B (Barrio de Navia, VIGO).
Asistencia libre e gratuíta. Non é necesaria a inscrición previa
Nenos e nenas son benvidos/as