Mostrando entradas con la etiqueta Troco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Troco. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de junio de 2015

ENCONTRO DE TROCO + PORTEO VERÁN 2015


A Asociación Teta e Coliño organiza, desde os seus grupos de traballo Banco Troco Teta e Coliño e Grupo de porteo Teta e Coliño:

-ENCONTRO DE TROCO. Trae a roupa que xa non precises, e leva a roupa de verán, ou mesmo a da volta ó cole!!
Tamén recollemos doazóns.

-REUNIÓN DE PORTEO DE VERÁN. Buscas un portabebés fresquiño para estes meses? tes un portabebés na casa que queres aprender a usar? algunha dúbida na te poidamos axudar? Aproveita a ocasión!! 
Ademais, se es socia poderás levar en préstamo portabebés do noso fondo.

  • Día: sábado 4 de xullo 2015
  • Hora: desde as 12:30h ata as 18:30 aprox.
  • Lugar: Local da Asociación de Veciños de Francos (Teo).

COMO CHEGAR: mira neste MAPA xusto ó lado da Capela de san Martiño. Ó chegar xa verás o LOCAL


NOTA: Necesitaremos voluntarias para montar e desmontar a exposición de troco. Se podes botarnos unha man, escríbenos ó correo tetaecolinho@gmail.com 
Gracias!!

miércoles, 17 de junio de 2015

Actividades xuño-principios de xullo 2015

Achégase o verán, pero a actividade continúa a bo ritmo en Teta e Coliño. Estas son as próximas reunións e eventos:

-Xoves 18 xuño, reunión de lactancia en Vigo
-Venres 26 e sábado 27 de xuño, reunións de crianza en Teo.
-Martes 30 xuño, obradoiro de preparación á lactancia en A Estrada. 
-Sábado 4 xullo, encontro de troco e reunión de porteo en Teo.

Non se celebrarán as reunións do martes 23 en A ESTRADA nin a do mércores 24 en BERTAMIRÁNS por caer en festas locais.

Irémosvos informando das próximas reunións e obradoiros. Máis info en tetaecolinho@gmail.com

lunes, 1 de junio de 2015

Carne de Familia Socia e outras novidades

Xa están dispoñibles os CARNÉS DE FAMILIA SOCIA de TETA e COLIÑO. Trátase dun documento que acredita a pertenza á asociacion, para poder disfrutar de tódalas vantaxes de ser socia (máis información en http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/vantaxes-e-descontos-socias.html?m=1)

Como NOVIDADES engadimos ás tendas e negocios amigos a :

•        CONSULTA Dra. SANDRA MATEO . Dermatoloxía. www.sandramateo.es.

Sandra ofrece un 25% de desconto na primeira visita dermatolóxica ao núcleo familiar.

•       AMERGUÍN. Fisioterapia e osteopatía: www.amerguin.com.

Amerguín ofrece un 10% de desconto a nais e bebés en tódalas sesións relacionadas co nacemento: xestación, puerperio, primeiros meses do/a bebé, lactancia…

Outra novidade son os NOVOS PUNTOS PARA O BANCO DE TROCO.

Ata o de agora cada nova socia dispuña de 3 puntos para o Banco de Troco de Teta e Coliño, e era un servizo gratuito tanto para socias coma para non socias. Agora segue sendo gratuito para socias, e para non socias ten un custe de 30 euros.

Cada nova socia terá 50 PUNTOS!!, e pola renovación obterá 20 PUNTOS!!. A día de hoxe todas partimos con 50 puntos (sumados aos que xa levas acumulados, se é o caso), mais 20 PUNTO se xa renovaches o pasado mes de marzo. Aquí tendes máis info. http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/banco-de-troco.html.