martes, 19 de julio de 2011

CHARLA SOBRE PORTEO

O próximo martes 26 de xullo a partir das 17:30, Teta e Coliño organiza, coa colaboración de Cathy (Gaia dos nenos), unha CHARLA SOBRE PORTEO.

Recordaremos os beneficios de portear para a nai, o pai e o bebé; e repasaremos os distintos tipos de portabebés. Poderemos probalos, resolver dúbidas e aprender un pouquiño máis.

Non esquezades traer os vosos portabebés, no caso de que os teñades.

viernes, 15 de julio de 2011

CAMISETAS DE TETA E COLIÑO

Aquí tedes a nosa última novidade: estamos preparando unhas camisetas de TETA E COLIÑO. Como vedes no debuxo, levarán o noso logo e o nome na parte dianteira.

Se vos gustan e queredes facervos con algunha, podedes escribirnos ou comentalo nalgunha reunión. Así tamén nos facemos unha idea de cantas convén encargar e de que tallas. Incluso se vos apetece pódense facer para nenos!

Poranse á venta por un prezo simbólico, nuns días teremos todos os detalles, xa vos iremos informando. Bicos a tod@s!!

jueves, 14 de julio de 2011

A ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA SEGÚN CARLOS GONZÁLEZ

Carlos González, o famoso pediatra pro-lactancia experto en alimentación infantil, volve explicarnos de forma clara o verdadeiro obxectivo da Alimentación Complementaria: a conveniencia da alimentación natural, libre de papillas e autorregulada polo bebé. Nas súas propias palabras, máis que un obxectivo nutricional trátase de algo educacional, que o neno coma desde o principio "comida normal". Queremos que se trate dun proceso feliz, no que aprende a tomar decisións, deglutir sólidos e en definitiva, asimilar que comer é algo agradable.

Unha conferencia pronunciada recientemente non para nais e pais, senón para pediatras. Esperemos que este sexa un signo de que as cousas comezan a cambiar, e nun futuro próximo as consultas de Pediatría do noso país se vaian enchendo de bos consellos como estes.

Podedes ver o vídeo aquí:
 
Alimentación infantil libre de papillas

martes, 12 de julio de 2011

viernes, 1 de julio de 2011

Peixe e mercurio: precaución

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición recomenda precaución ás mulleres embarazadas ou que podan estalo, mulleres en fase de lactación e a nenos de curta idade (entre 1 e 30 meses)

A este grupo de poboción se lle recomenda consumir unha ampla variedade de peixe, evitando consumir as especies máis contaminadas con mercurio, o consumo das cales debe limitarse.

As recomendacións para o consumo de Peixe espada, Tiburón, Atún vermello (Thunnus thynnus: especie grande, normalmente consumida en fresco ou conxelada e fileteada) e Lucio son as seguintes:

  • Mulleres en idade fértil, embarazadas ou en período de lactación. Evitar o consumo
  • Nenos < 3 anos. Evitar o consumo
  • Nenos 3-12 anos. Limitar a 50 gr/semana ou 100gr/ 2 semanas. (Non consumir ningún outro dos peixes desta categoría na mesma semana).
  Nesta ligazón podedes ler o artigo enteiro: Recomendacións sobre mercurio