jueves, 11 de junio de 2015
Cambio ubicación obradoiro de porteo VIGO
lunes, 8 de junio de 2015
PORTEO EN VIGO, XUÑO 2015
-Se queres aprender sobre porteo ergonómico e porteo seguro...
-Se queres asesoramento sobre o portabebés que necesitas...
-Se xa tes na casa un portabebés e queres aprender a usalo...
-Se xa porteas e che apetece probar outros tipos, modelos ou tecidos de portabebés…
… non te perdas esta oportunidade!!!!
As nosas voluntarias explicarán o que necesitas saber para comezar a disfrutar da experiencia. Levaremos o noso fondo de portabebés: fulares elásticos e tecidos, bandoleiras, mochilas para diversas idades... e tamén bonecos para probar.
Despois, se es socia poderás levar portabebés en préstamo para casa, e así seguir practicando.
Asistencia libre e gratuíta. Axúdanos a difundir!!!
lunes, 1 de junio de 2015
Carne de Familia Socia e outras novidades
Xa están dispoñibles os CARNÉS DE FAMILIA SOCIA de TETA e COLIÑO. Trátase dun documento que acredita a pertenza á asociacion, para poder disfrutar de tódalas vantaxes de ser socia (máis información en http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/vantaxes-e-descontos-socias.html?m=1)
Como NOVIDADES engadimos ás tendas e negocios amigos a :
• CONSULTA Dra. SANDRA MATEO . Dermatoloxía. www.sandramateo.es.
Sandra ofrece un 25% de desconto na primeira visita dermatolóxica ao núcleo familiar.
• AMERGUÍN. Fisioterapia e osteopatía: www.amerguin.com.
Amerguín ofrece un 10% de desconto a nais e bebés en tódalas sesións relacionadas co nacemento: xestación, puerperio, primeiros meses do/a bebé, lactancia…
Outra novidade son os NOVOS PUNTOS PARA O BANCO DE TROCO.
Ata o de agora cada nova socia dispuña de 3 puntos para o Banco de Troco de Teta e Coliño, e era un servizo gratuito tanto para socias coma para non socias. Agora segue sendo gratuito para socias, e para non socias ten un custe de 30 euros.
Cada nova socia terá 50 PUNTOS!!, e pola renovación obterá 20 PUNTOS!!. A día de hoxe todas partimos con 50 puntos (sumados aos que xa levas acumulados, se é o caso), mais 20 PUNTO se xa renovaches o pasado mes de marzo. Aquí tendes máis info. http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/banco-de-troco.html.
viernes, 15 de mayo de 2015
LISTADO DE APROBADAS IV CURSO ONLINE DE ASESORÍA EN LACTANCIA
¡Enhorabuena a todas, y gracias por este tiempo de aprendizajes en común! ¡seguiremos conectadas!
Ana Couto Cerdeira (A Coruña)
jueves, 30 de abril de 2015
Reunións de maio, sacaleites para préstamo e novas para as socias
A piques de comezar o mes de maio informámosvos das DATAS DAS REUNIÓNS para este mes.
¡OLLO! Cambio de data da Reunión de porteo por coincidir na ponte do primeiro de Maio, quedando fixada para o SÁBADO DÍA 9.
Ademáis, o venres día 22, ás 17:30 horas teremos en Vigo o "OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA".
Asociación Alento
Rúa da Pedra Seixa s/n
(Xunto ao centro de saúde de Navia)
REUNIÓNS MAIO
LUNS 4 - lactancia MILLADOIRO 16:30 h.
XOVES 7 - lactancia VIGO 17:00 h.
SÁBADO 9 - porteo SANTIAGO 11:00 h.
MARTES 12 - lactancia A ESTRADA 17:00 h.
MÉRCORES 13 - lactancia BERTAMIRÁNS 17:30 h.
LUNS 18 - lactancia MILLADOIRO 16:30 h.
XOVES 21 - lactancia VIGO 17:00 h.
VENRES 22 - lactancia VIGO "CHARLA AC" 17:30 h.
VENRES 22 - crianza TEO 18:00 h.
SÁBADO 23 - crianza TEO 11:OO e 16:00 h.
MARTES 26 - lactancia A ESTRADA 17:00 h.
MÉRCORES 27 - lactancia BERTAMIRÁNS 17:30 h.
NECESITAMOS SACALEITES
Como xa sabedes, en Teta e Coliño temos sacaleites en préstamo para as socias. Cómpre que renovemos e ampliemos o noso fondo de sacaleites, para o que hai unha partida de diñeiro destinada a tal fin, e queremos invertilo do mellor xeito posible. Se queredes vender os vosos sacaleites de gama media con poco uso (Medela dobre, Medela Swing, ou Avent eléctrico), ou sabedes de alguén que lle interese colaborar con nós, facédenos chegar a oferta por correo electrónico a tetaecolinho@gmail.com. Por suposto, tamén aceptamos doativos.
CARNÉS DE SOCIAS
Durante este mes, as socias que teñan a cuota ao día, recibiredes os vosos carnés de Teta e Coliño para poder presentar nas tendas e negocios amigos.
Máis informacion en http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/vantaxes-e-descontos-socias.html. Seguimos traballando para incorporar novas tendas e negocios amigos cos que conseguir descontos e vantaxes para as socias.
SE QIERES AXUDARNOS A AXUDAR podes facelo aquí http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/axuda-axudar.html.
