sábado, 13 de junio de 2015

Preparación á lactancia A Estrada

A Asociación Teta e Coliño organiza un obradoiro de preparación á lactancia en A Estrada (Pontevedra), para familias en espera do seu bebé. Falaremos dos inicios da lactancia, tocando temas como as claves da lactancia exitosa, colocación do bebé ó peito, como saber que está comendo o que necesita, o papel do pai na lactancia... 

Día: martes 30 de xuño 2015
Hora: 17:00-19:00h
Lugar: sala de exposicións Abanca

Asistencia gratuíta. Prazas limitadas (prioridade para familias socias). Imprescindible a inscripción previa no seguinte formulario: Inscrición preparación á lactancia 

A aquelas mamás que xa esteades dando teta, pedímosvos que vos animedes a asistir cos vosos bebés, para que as asistentes poidan ver a realidade da lactancia de primeira man. Por favor, escribídenos a tetaecolinho@gmail.com e imos falando ;-) 

Agradécese difusión. Gracias!!

jueves, 11 de junio de 2015

Cambio ubicación obradoiro de porteo VIGO

AVISO!! por cuestión meteorolóxicas, o obradoiro de porteo de Vigo celebrarase finalmente no local da Asociación de veciños Novo Vigo en Navia.

O horario será o que xa estaba previsto: de 17:30h a 19:30h.

Aforo limitado, imprescindible a inscripción previa no correo tetaecolinhovigo@gmail.com 


lunes, 8 de junio de 2015

PORTEO EN VIGO, XUÑO 2015

O grupo de porteo Teta e Coliño reúnese nesta ocasión en VIGO, no Parque de Castrelos. Alí imos celebrar un obradoiro no que compartir información e trucos prácticos.

-Se queres aprender sobre porteo ergonómico e porteo seguro...
-Se queres asesoramento sobre o portabebés que necesitas...
-Se xa tes na casa un portabebés e queres aprender a usalo...
-Se xa porteas e che apetece probar outros tipos, modelos ou tecidos de portabebés…
-Se queres compartir a túa experiencia, coñecer a outras familias cos mesmos intereses...
… non te perdas esta oportunidade!!!! 

As nosas voluntarias explicarán o que necesitas saber para comezar a disfrutar da experiencia. Levaremos o noso fondo de portabebés: fulares elásticos e tecidos, bandoleiras, mochilas para diversas idades... e tamén bonecos para probar. 
Despois, se es socia poderás levar portabebés en préstamo para casa, e así seguir practicando.

Ademais, durante o obradoiro disfrutaremos dunha merenda compartida entre as familias. Podes traer o que queiras.

Asistencia libre e gratuíta. Axúdanos a difundir!!!

Día: venres 12 de xuño 2015
Hora: desde as 17:30h

Lugar: Parque de Castrelos (entre o auditorio e o parque infantil)



lunes, 1 de junio de 2015

Carne de Familia Socia e outras novidades

Xa están dispoñibles os CARNÉS DE FAMILIA SOCIA de TETA e COLIÑO. Trátase dun documento que acredita a pertenza á asociacion, para poder disfrutar de tódalas vantaxes de ser socia (máis información en http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/vantaxes-e-descontos-socias.html?m=1)

Como NOVIDADES engadimos ás tendas e negocios amigos a :

•        CONSULTA Dra. SANDRA MATEO . Dermatoloxía. www.sandramateo.es.

Sandra ofrece un 25% de desconto na primeira visita dermatolóxica ao núcleo familiar.

•       AMERGUÍN. Fisioterapia e osteopatía: www.amerguin.com.

Amerguín ofrece un 10% de desconto a nais e bebés en tódalas sesións relacionadas co nacemento: xestación, puerperio, primeiros meses do/a bebé, lactancia…

Outra novidade son os NOVOS PUNTOS PARA O BANCO DE TROCO.

Ata o de agora cada nova socia dispuña de 3 puntos para o Banco de Troco de Teta e Coliño, e era un servizo gratuito tanto para socias coma para non socias. Agora segue sendo gratuito para socias, e para non socias ten un custe de 30 euros.

Cada nova socia terá 50 PUNTOS!!, e pola renovación obterá 20 PUNTOS!!. A día de hoxe todas partimos con 50 puntos (sumados aos que xa levas acumulados, se é o caso), mais 20 PUNTO se xa renovaches o pasado mes de marzo. Aquí tendes máis info. http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/banco-de-troco.html.

viernes, 15 de mayo de 2015

LISTADO DE APROBADAS IV CURSO ONLINE DE ASESORÍA EN LACTANCIA

Con gran alegría publicamos la lista de alumnas que han superado el IV Curso online de Asesoría en Lactancia. 

¡Enhorabuena a todas, y gracias por este tiempo de aprendizajes en común! ¡seguiremos conectadas!


Alejandra Jimeno Bravo (Madrid)
Ana Couto Cerdeira (A Coruña)
Ana María Palazón Galván (Pontevedra)
Anaïs Alderete Rodríguez (Madrid)
Beatriz Díaz-Pinés Mansilla (Badajoz)
Charo Bautista Alcalá (Madrid)
Cristina Díaz Bellostas (Irlanda)
Diana Parra Vilán (Pontevedra)
Estefanía Iglesias Núñez (A Coruña)
Gemma Cazorla Richarte (Barcelona)
Gemma Gracia Vaquerizo (Barcelona)
Ingrid María Ambrós Serón (Melilla)
Inma García González (Pontevedra)
Irene Durán García (Segovia)
Isabel Ramírez Ontiveros (Huelva)
Itziar Villanueva Sanz (Navarra)
Jessica Rodríguez González (Barcelona)
Laura García Pérez (Madrid)
Laura Maestro Villarroya (Ávila)
Lorena Prada Fernández (Ourense)
Lucía Cruz Blanco (Pontevedra)
Lucía López Tejerina (A Coruña)
Margarita Sandiás Arias (Ourense)
María Pérez Moneo (Soria)
Marta Iglesias Portabales (Tarragona)
Mireia Pacreu Oliu (Girona)
Nahia Alkorta Elezgaray (Donosti)
Patricia Gil Sánchez (Salamanca)
Paula Ferreirós Pradeda (Pontevedra)
Paula Gimeno Mateos (Madrid)
Rebeca Mejías Sánchez (A Coruña)
Reyes Laguna Jiménez (Soria)
Sara Ronco Viladot (Barcelona)
Silvia Fernández López (Madrid)
Silvia Rodríguez Rúa (Ourense)
Sonia González Moreno (Cáceres)
Tamara Mosquera Vilela (A Coruña)
Tatiana Rellán Castro (A Coruña)
Vanesa Fernández Alonso (A Coruña)
Vanessa Vivas Benhamou (A Coruña)
Viviana Olivera Morales (Barcelona)