sábado, 30 de septiembre de 2017

BASES E CONDICIÓNS: SORTEO LIBRO “SOMOS LA LECHE” #SMLM2017 #sorteosomoslaleche



1. ORGANIZADOR: Teta e Coliño (en adiante, o “ORGANIZADOR”), organiza o presente sorteo (en adiante, o “SORTEO”).
2. VIXENCIA: O SORTEO  terá vixencia en España (península) dende domingo 1 de outubro de 2017 ata o sábado 7 de outubro de 2017 (en adiante, “PRAZO DE VIXENCIA”). O sorteo realizarase o día 8 de outubro e anunciarase ese mesmo día en Facebook.
3. ACEPTACIÓN DAS BASES E CONDICIÓNS: A mera participación no SORTEO implica a total e irrestricta aceptación e coñecemento das presentes Bases e Condicións (en adiante, as “BASES”), así como das decisións que posteriormente poida adoptar o ORGANIZADOR en relación con calquera punto ou cuestión non prevista nas mesmas.
4. OS/AS PARTICIPANTES: Poderán participar no SORTEO todas aquelas persoas maiores de 18 anos de idade que residan en España (península) e sigan a mecánica descrita no punto 6º das presentes BASES (en adiante, os/as “PARTICIPANTE/S”). En ningún caso se admitirá a participación de menores de 18 anos de idade nin residentes doutros países.
5. MECÁNICA DO CONCURSO: As persoas interesadas en participar no SORTEO deberán ser ou facerse fans da Fanpage de Facebook ou twitter de Teta e Coliño (en adiante “Fan Pages”). Cada comentario que se publique (ata un máximo de 5) nos post publicados co hastag #SMLM2017 #sorteosomoslaleche (entre o 1 e o 7 de outubro) terá dereito a una participación no sorteo que se realizará o día 8 de outubro na web SORTEA2.
A participación no presente SORTEO será sen obriga de compra ou servizo algún, dado que a subscrición a conta da “fan page” e libre e gratuíta.
6. PREMIO: O premio do concurso está composto polo libro “Somos la leche” de Alba Padró de Ed. Grijalbo Ilustrados cos gastos de envío incluídos á dirección facilitada polo gañador/a.
Só haberá un gañador/a e o PREMIO non poderá ser tranferible a terceiros nin canxeables por cartos en efectivo, nin por outro Premio distinto do asignado nas presentes bases.
7. SORTEO. REQUISITOS DE ASIGNACIÓN: Entre todos os comentarios recompilados nos post da Fanpage de Teta e Coliño realizadas validamente, unificarase unha mesma base de datos a fin de realizar o sorteo polo premio detallado no punto 6 o día domingo 8 de outubro de 2017. O sorteo será  efectuado mediante a execución do sistema informático da web SORTEA2 e gravado, facendo que a selección do  ganador/a sexa efectuada en forma totalmente aleatoria e o azar. A gañadora publicarase na Fanpage de Teta e Coliño o día 8 de outubro e terá un prazo de 5 días para facilitar a asociación os seus datos de contacto mediante medios privados. De non efectuarse procederase a adxudicación do premio a primeira participante suplente.
8. ENTREGA DO PREMIO: O PREMIO indicado no punto 6 enviarase a dirección facilitada dentro dos 30 días corridos da data de asignación definitiva do PREMIO.
Dado que a participación só queda aberta a península calquera persoa que incumpra as presentes bases quedará excluída do sorteo pasando a seguinte participante suplente.
9. RESPONSABILIDADE E INDEMNIDADES: En ningún caso as/os PARTICIPANTES terán dereito a reclamar outro termo que non sexan os establecidos nas presentes bases.
10. MODIFICACIÓNS: Cando circunstancias non imputables ao ORGANIZADOR e non previstas nestas BASES o xustifiquen, o ORGANIZADOR poderá cancelar, suspender ou modificar total o parcialmente o SORTEO sen que isto lle xere dereito a compensación algunha a favor dos PARTICIPANTES.
11. O ORGANIZADOR poderá limitar ou prohibila participación neste SORTEO de calquer PARTICIPANTE, en caso de presumir fundadamente a existencia de fraude ou alteración na mecánica de participación. Asemesmo, se entenderá que existe unha manobra fraudulenta por parte dos PARTICIPANTES no caso que algún deles ingrese nun número moito maior de veces á Fan Page nun período de tempo determinado do que un ser humano ordinario podería ingresar.
12. DATOS PERSOAIS: Os datos persoais brindados polos participantes a través da Fanpage de Teta e Coliño ou vía e-mail para la participación neste SORTEO, serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados a base de datos de titularidade do ORGANIZADO. Á provisión dos datos por parte dos participantes do SORTEO é voluntaria, sen perxurio de ser un requisito necesario para participar no SORTEO, pero sí en caso de ser gañador/a.
En calquera caso poderase solicitar a anulación dos datos previa comunicación á asociación.
13. As presentes BASES  atópanse a disposición de calquera interesada/o no blogue da web de Teta e Coliño (http://tetaecolo.blogspot.com.es/).

14.  Facebook e Twitter non patrocinan, avalan nin administran de modo algún este SORTEO, nin está asociados a esta entidade. Toda a información proporcionada polos PARTICIPANTES será recolectada e destinada ó ORGANIZADOR e non a Facebook.

Para calquera dúbida con respecto a este concurso non dubidedes en poñervos en contacto a través do noso mail: tetaecolinho.comunicacion@gmail.com

viernes, 22 de septiembre de 2017

Construíndo o noso camiño na SMLM 2017

En Teta e Coliño celebramos a Semana Mundial da lactancia Materna 2017

"Construíndo alianzas para PROTEXER a lactancia materna. Polo ben común, sen conflictos de interese"
Ese é o lema da Alianza Mundial pola lactación materna (WABA) para celebrar a SMLM deste 2017 (do 1 ao 7 de agosto do 2017).


Dende Teta e Coliño apoiamos esta iniciativa e procuramos encamiñar tódalas nosas accións nese obxetivo compartido, porque tecermos alianzas a tódolos niveis, incluíndo o institucional e gubernamental, consideramos que isto é esencial.
Porén non podemos perder de vista que é básico e fundamental tecer esas alianzas pola base, a principiar polo noso entorno máis inmediato. Alianzas entre nós, nais, pais e familias, para conseguirmos entre tod@s sumar esforzos e capacidades na protección, promoción e apoio da lactancia materna.



Dende Teta e Coliño quixemos ser partícipes durante toda esa semana mediante unha serie de xogos, compartidos a través de facebook e twitter con debates e historias compartidas que tiveron moi boa acollida. Aqui deixamos un pequeno resumo;

Día 2: Xogo do 1,2,3 responda outra vez.
Por 1 TETAPUNTO: que che aporta/aportou a ti e ao teu fillo a lactancia materna...

Encantáronnos tódalas respostas: unión, felicidade, complicidade, aumento da autoestima...e sobre todo a que máis se repetiu dito de tódalas maneiras: AMOR.

Día 3: Debate proposto a raíz dunha enquisa que publicou unicef nas redes sociais.


¿Quen debe apoiar a nai para que poda dar o peito?
- A familia
- O goberno
- No traballo
- Tódalas respostas anteriores

Case tódalas respostas foron unánimes: tódalas respostas pero empezando desde o apoio máis inmediato, a familia e amigos.

Día 4: Debate en base ao Código internacional de comercialización de sucedáneos do leite materno.


O Código é un conxunto de recomendacións dirixidas a regular a comercialización dos sucedáneos do leite materno, biberóns e tetinas. Pretende frear a comercialización agresiva e indebida destes sustitutos.

En base a isto: ¿Sabíades que as típicas canastiñas que ofrecen durante o embarazo incumprirían o código?
¿Qué influencia credes que pode ter este tipo de agasallos no establecemento da lactancia?

Grazas polas vosas respostas as cales coincidiron en que todavía falta moita información respecto a lactancia desgraciadamente.

Día 5: Comparte a túa historia: Posturas para Aleitar.

¿Quen non disfrutou/"sufriu" nos seus inicios na lactancia? ¿Cal era ou é a vosa postura favorita?
Tivestes momentos de choros, risas ou ámbalas dúas cousas durante o aleitamento?

Grazas por compartir eses momentos íntimos da vosa lactancia.

Día 6: Xogo Trivial encadeado.
Escríbe unha afirmación referente á lactancia materna e responder se é verdadeira ou falsa e explicalo.
A persoa que respondía debía poñer unha nova afirmación para poder seguir o xogo encadeando, de este modo, moitas respostas.

Sodes unha fonte de coñecementos deste tema, sen dúbida.

Día 7: Para AGRADECER todo o ese apoio nesta semana e sempre as familias que nos acompañan e se animaron a participar, decidimos agasallar @s nos@s usuari@s mediante o sorteo dun broche moi acorde coa SMLM.



Pois a gañadora do broche quixo compartir con nós canto lle gustou a súa peque de 4 anos o regalo e compartiu con todas nos a súa foto.
Encántanos como lle queda, ¿e a vós?

En resumo: A lactancia materna é un dereito humano que debe ser protexido, ao fin e o cabo é unha tarefa de tod@s.



Do mesmo modo tamén compartimos os obxectivos establecidos por esta organización (IBFAN: Red Internacional de Grupos de Acción pro Alimentación Infantil):
- Unificar o apoio do gobernos e distintos sectores da sociedade para PROTEXER, PROMOVER E APOIAR a lactancia materna.
- Construír alianzas sen conflitos de interese para fortalecer as políticas e programas de lactancia materna e alimentación infantil.
- Mobilizar e desenvolver accións para a protección, promoción e apoio da lactancia materna e de prácticas apropiadas da alimentación infantil.
E só se poden acadar, fortalecendo a implementación de políticas e programas de promoción da lactancia materna e financiándoos adecuadamente. Así como, actuando tanto a nivel dos sistemas nacionais de saúde como das comunidades e familias, cumprindo as leis e normas de protección da maternidade e esixindo que as corporacións de alimentos infantís cumpran coas súas responsabilidades.
O que é certo e que todo isto só o conseguiremos se o apoio comeza dende nós, xa non só por nós mesma senon polas nosas crianzas e as xeracions vindeiras. Polo que, toca dar un paso ao fronte e defender o que é noso.

Dentro duns días (do 1 ao 8 de Outubro) terá lugar a semana Europea da Lactancia Materna e a Crianza en Brazos, estade atentos o mail e as redes sociais que haberá algunha sorpresiña.





miércoles, 16 de agosto de 2017

Parte da nosa Andaina na sede de Vigo 2017

Neste ano 2017 tiveron lugar varias charlas, obradoiros e eventos dos que puideron disfrutar tanto as familias socias de Teta e Coliño como as familias amigas da Asociación.

En Maio tivo lugar o Obradoiro de Amigurumi, no que durante 3 sábados, principiantes e non tan principiantes puideron desfrutar coa arte do ganchillo facendo coellos con axóuxere para os seus pequechos.










Este obradorio non só serviu para que as socias anotadas ao obradorio aprenderan a facer bonecos con ganchillo senon que descubriron que mediante o ganchillo se poden tanto descargar tensións acumuladas durante o día (mediante a calceta) coma compartir unha tarde moi agradable con outras nais mentres os pequerrechos xogaban entre eles.

En xullo, por exemplo, desfrutamos da charla: 'Acompañando o destete'. Aquí se intentou informar e resolver tódalas dúbidas sobre esta etapa que pode chegar en calquera momento da crianza.

Como xa sabedes, e comprobamos no obradoiro, a situación de cada familia é un mundo, polo que se vos atopades no proceso de destetar ou se máis adiante vos adentrades nesa nova etapa, lembrarvos que podedes contar con nós para resolver calquera dúbida, realizar asesoría individual e poder crear un plan personalizado. Non dubidedes en escribir ou chamar a calquera das nosas asesoras.

Foi un verdadeiro pracer que se creara un espazo de confianza no que tod@s tivemos a oportunidade de aprender do grupo.

E non nos esquecemos de falarvos do Evento que tivo lugar en Navia (evento V Navia Parque D’Arte xuño 2017). 
Fomos convidadas pola Asociación de Veciños NovoVigo de Navia (www.avvnovovigo.org/), que tamén nos ceden os seus espazos para levar a cabo as reunións periódicas e a maioría das nosas actividades en Vigo. Nesta ocasión, a nosa asociación participou cun posto de información no que se puido achegar a nosa asociación tanto aos veciños de Navia coma a todo aquel que se acercou ao lugar nese día.







Grazas a tódalas familias que dun xeito ou doutro participáchedes das actividades (ordinarias ou extraordinarias) que con tanta ilusión esta asociación organiza para vós. Agardámosvos nas seguintes, estade atentas a blogue, redes sociais e telegram!

miércoles, 2 de agosto de 2017

Un ano máis compartindo inquedanzas. Resumo actividades sede A Coruña 2017

Foi este un ano intenso, cheo de encontros, charlas e actividades. Dende aqui agradecer a todas as socias, voluntarias, familias amigas, mamás e crianzas que nos acompañan reunión tras reunión e que fan que todo isto teña sentido.
Aqui queda mostra do camiñado neste fermoso ano no que, con apoio mutuo e un sorriso, todo foi posible.

En setembro comenzose o curso cun OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN AUTORREGULADA POLO BEBÉ, eran moitas as familias que lles comezaba a soar esas iniciais (BLW) e querían coñecer e compartir. 
Saber cando e como se deben comezar a ofrecer alimentos. Comprender a importancia da
autorregulación. Resolver dúbidas sobre a compatibilidade entre lactancia materna, alimentación
complementaria e reincorporación ó traballo. Distinguir os erros frecuentes e saber como evitalos.
Desbotar mitos. Tomar conciencia da necesidade de transmitir unha visión positiva sobre a comida.
Aprender a maneira de levar á práctica o Baby Led Weaning e revisar os modelos en como lle ofrecemos os alimentos os nosos peques. Foi impartido por Noemí Uzal, asesora de lactancia e voluntaria na nosa asociación.
Dado a demanda esta charla repetiuse tamén en novembro e en xullo do 2017.

En outubro realizouse unha  CHARLA INFORMATIVA LACTANCIA MATERNA, actividade realizada dentro la semana europea da lactancia materna. Proporcionar información acerca das actividades da asociación, así como do lema deste ano, que é “Lactancia materna:clave para el desarrollo sostenible”

Tamén neste mes puidemos contar coa presentación do libro de  Sylvie Riesco “LA MAGIA DE LA LECHE. HISTORIAS DE AMOR CON MUCHO SABOR” Libro presentado pola propia autora que é mamá e asesora de lactancia.

En outubro continuamos cunha CHARLA PARTO RESPECTADO Na que puidemos achegarnos a comprender o parto como proceso fisiolóxico. Adquirir a existencia de recursos para un parto respectado: Estratexia de Atención ó parto normal, presentación do Plan de Parto. Achegarse á situación actual do parto en Galicia: maternidades dos hospitais, Hospital IHAN, parto domiciliario. Foi presentada pola matrona Silvia Álvaro.

En xaneiro ampliamos coñecementos cunha CHARLA DE COIDADOS BUCODENTAIS NOS NOSOS NENOS  na que se aclararou a relación entre lactancia materna e as caries. Valorar a importancia que ten os bos
hábitos hixiénicos. Saber cando acudir o odontólogo. Actualización según os últimos estudos científicos. Foi a odontóloga Patricia Aneiros quen nos transmitiu un montón de cousas.

Moitas veces escoitamos falar de OSTEOPATÍA PEDIÁTRICA sen saber moi ben a que se refire en xaneiro tivemos o pracer de contar con Silvia Cerdeiras, fisioterapeuta e osteópata na que nos informou sobre as distintas patoloxías dos bebés susceptibles de tratamento osteopático.

Grazas a Tania Iglesias, asesora de porteo e de lactancia, asdemáis de voluntaria na asociación informou as familias sobre  o PORTEO EN VERÁN, Aclararando que é o porteo ergonómico. Tipos de portabebés e elección dos máis axeitados segundo a idade do bebé e de cara ó verán. Probar e colocar de forma axeitada ó bebé no portabebés. Puidose compartir valiosa información e probar os distintos portabebés que a asociación posee en préstamo.

En xuño tivemos un fermoso TALLER CREATIVO E CONTACONTOS “LA ORUGA GLOTONA” levado a cabo por Ana Guinguel, ilustradora. No que aprendemos a traballar con arxila moldeable, facendo nesta ocasión a oruga e a mariposa do conto, ademáis de colorear outros elementos presentes no relato (actividade para adultos, mentres os seus cativos xogaban con area e plastilina comestibles). Unha bonita actividade en famila na que coñecimos o conto a través do feito no obradoiro.
E chegada a calorciña realizáronse  REUNIÓNS Ó AIRE LIBRE no que se trataron temas de lactancia, porteo e crianza nun entorno máis natural e relaxado.