Que alimentos ofrecer, en que orde, que cantidade... como compatibilizar a alimentación complementaria coa lactancia... son cuestións que todos os pais nos fixemos algunha vez.
Falaremos de todo isto; e tamén do importante papel da autorregulación, da alimentación libre de papillas, e o máis importante: de como transmitirlles ós nosos fillos unha visión positiva sobre a comida.
Será o vindeiro XOVES 21 DE XUÑO, a partir das 18:00 h, no Centro Sociocultural de Bertamiráns.
viernes, 15 de junio de 2012
Charla de parto respetado (fotos)
Aquí tedes as fotos da nosa última charla, onde falamos de partos respetados nos hospitais e a domicilio. Foi moi interesante todo o que se compartiu, graciñas a todas as asistentes!
miércoles, 23 de mayo de 2012
Extracción e conservación de leite materno
Este xoves 24 de maio terá lugar o noso obradoiro "EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE LEITE MATERNO".
Falaremos sobre:
-Como favorecer a extracción do leite
-Tipos de extracción: a man e con sacaleites
-Que ter en conta á hora de elixir un sacaleites
-A incorporación ó traballo e a continuidade da lactancia
-A suplementación con leite materno extraído
-Conservación do leite: transporte, envases e tempos de almacenamento
-Administración: como desconxelar e quentar o leite
-Biberón e outros métodos alternativos

VÉN COMPARTIR AS TÚAS DÚBIDAS E EXPERIENCIAS CONNOSCO!
Casa de Cultura de Bertamiráns, a partir das 18:00 h.
miércoles, 2 de mayo de 2012
Madriñas de lactancia
O martes 15 de maio, a partir das 16:30, Teta e Coliño ofrecerá unha charla en Milladoiro, onde coñeceremos este novo proxecto que tanto promete: as MADRIÑAS DE LACTANCIA
Falaremos de que significa ser Madriña de Lactancia, os requisitos necesarios, qué pode esperar dela a embarazada que a solicite e cal é o protocolo de actuación. Así, daremos por inauguradas a Bolsa de Madriñas e a a Bolsa de Afilladas.
Qué son as MADRIÑAS DE LACTANCIA?
Son nais voluntarias con experiencia en lactancia materna e formación específica ó respecto, que acompañan a outras futuras nais (afilladas) que desexen comezar a informarse para unha lactancia feliz.
Deste xeito, a embarazada que así o solicite conseguirá información de primeira man; e para cando naza o seu bebé terá adquirido un coñecemento directo da lactancia e plena confianza na súa capacidade para aleitar.
Os estudios científicos corroboran que a asistencia a grupos de apoio e a relación con nais lactantes aumenta a taxa de lactancias exitosas.
Por iso queremos animarvos, tanto a nais como a embarazadas, a que participedes deste programa e vos beneficiedes del!
Como me apunto?
Escribe un correo electrónico cos teus datos para apuntarte na bolsa de Madriñas o na bolsa de afilladas: tetaecolo@hotmail.com
Tamén podes apuntarte en calquera das nosas reunións ou talleres.
ANÍMATE!
Se xa es nai, pensa no gratificante que che pode resultar axudar coa túa experiencia a outra futura mamá.
Se estás embarazada, interésache moitísimo ter acceso canto antes a unha boa información e a un apoio para lograr unha lactancia plena e feliz.
Dente Teta e Coliño damos MOITÍSIMAS GRACIAS ás nosas compañeiras da Asociación Sina, que tan amablemente nos cederon o seu protocolo de actuación de Madriñas de Lactancia.

lunes, 30 de abril de 2012
Charla para embarazadas
O vindeiro luns 14 de maio a partir das 12:00 h, Teta e Coliño ofrecerá unha charla para embarazadas no Centro Sociocultural do Milladoiro.
Estará especialmente dirixida a embarazadas, pero como sempre pode acudir calquera persoa interesada en aprender sobre lactancia. Falaremos sobre:
-Teta e Coliño. Que é un grupo de apoio á lactancia, contacto, horarios e servizos que ofrecemos.
-O proxecto de Madriñas de Lactancia para embarazadas
-Coloquio sobre temas de interese: parto e lactancia. Primeiros momentos. O calostro e a subida do leite. Dúbidas frecuentes.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
+web.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)