jueves, 19 de mayo de 2011

CHARLA-TALLER PARA EMBARAZADAS

O próximo luns 23 de maio, Teta e Coliño ofrecerá unha charla-taller titulada "CLAVES PARA UNHA LACTANCIA MATERNA FELIZ"

Será a partir das 12 horas no Centro Sociocultural. Estará especialmente dirixida a futuras mamás e papás, pero como sempre pode acudir calquera persoa interesada no tema. 
 
Falaremos sobre:

-Parto e lactancia: ¿Como afecta o tipo de parto ó establecemento da lactancia materna?

-Primeiros momentos co bebé. A importancia da primeira hora. Agarre espontáneo. Frecuencia das tomas. Como previr posibles dificultades.

-A chegada a casa: A subida do leite. ¿Estará comendo o suficiente? Primeiras sensacións e dúbidas frecuentes.

-Primeiras visitas ó pediatra. Control de peso. Curvas de crecemento.

-E demais temas que vaian xurdindo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario