viernes, 20 de mayo de 2011

PRIMEIRA ASAMBLEA DE SOCIAS

Como xa vos anunciamos fai uns días, desde TETA E COLIÑO decidimos dar un paso máis e solicitar a inscrición na Xunta, para ser así unha Asociación de pleno dereito. Queremos compartir esta boa noticia con todas vós, e que mellor maneira que celebrando a nosa primeira Asamblea. 

  
Para facilitar a asistencia, esta asamblea terá lugar durante a reunión do próximo martes 24 de maio.

A ORDE DO DÍA é a seguinte:

-Presentación da xunta directiva
-Presentación dos estatutos
-Descrición de proxectos (actuais e futuros).
-Dotacións económicas
-Recollida de ideas e propostas


 GRACIAS POLO VOSO APOIO, MOITOS BICOS E VÉMONOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario