martes, 10 de mayo de 2011

IODO NA LACTANCIA

Aínda que desde o ano 2004 o Ministerio de Sanidade español recomenda que todas as mulleres tomen suplemento de iodo durante o embarazo e a lactancia, segue a ser moi frecuente encontrarse con nais lactantes ás que o seu médico, matrona ou pediatra nunca lles mencionou tal necesidade. Trátase dun erro ou despiste que pode chegar a ser perigoso, dadas as posibles consecuencias no desenvolvemento cerebral dos nenos que nacen en zonas deficitarias de iodo (como é o noso país). 

O iodo é parte fundamental da tiroxina, a hormona fabricada polo tiroides e que regula o noso metabolismo. Por outro lado, o desenvolvemento do cerebro humano prodúcese durante a vida prenatal e na primeira infancia ata os 2-3 anos de vida. Unha deficiencia de hormonas tiroideas neste período poden afectar de forma negativa e irreversible, especialmente canto antes ocurra. 
Os trastornos descritos por déficit de iodo son variados: aumento da mortalidade, déficit mental, xordeira, hipotiroidismo, bocio (moi frecuente en Galicia) e outras múltiples alteracións.

De aí a importancia de asegurarnos que o noso bebé está recibindo un adecuado aporte de iodo a través da alimentación, é dicir, a través do leite materno. A presencia de iodo no leite vai depender na súa maior parte da nosa inxesta, polo que a OMS e a Asociación Española de Pediatría recomendan un aporte diario de 250 microgramos. 
Na maioría dos países de Europa xa atallaron esta cuestión cunha iodización universal do sal e outros alimentos, pero iso aínda non sucedeu en España, polo que aquí debemos consumir un suplemento de 200 microgramos diarios de iodo en forma de ioduro potásico (unha pastilla ó día). Este suplemento débese consumir durante todo o tempo que dure a lactancia, incluso unha vez incorporados os alimentos complementarios á dieta do neno.

Xunto con esta información, déixovos un enlace que me pareceu interesante. Unha mamá pregunta pola importancia deste suplemento a Carlos González, podedes ver a sú resposta pinchando AQUÍ

2 comentarios:

  1. Hola chicas!!Esta misma semana he sido testigo directo de la gran ignorancia de algunos médicos sobre este tema: le pedí a mi médico de cabecera que me hiciera la receta del yodo por primera vez (las anteriores lo había comprado yo por mi cuenta)y me dijo que durante la lactancia no era necesario tomarlo. Después de mucho insistir me la hizo, pero de 100 microgramos. Le dije que la dosis que mecesitaba eran 200 y se negó a cambiarme la receta, me dijo que se estaba recomendando tomar más de lo necesario y que como ya lo había tomado durante el embarazo realmente ya ni siquiera lo necesitaba.
    Muy fuerte... gracias por comentar este tema porque es realmente necesario que estemos informadas.
    Besos a todas
    Lucía, mamá de Mauro

    ResponderEliminar
  2. Gracias polo teu comentario, Lucía!!

    Contra a ignorancia, documentación e evidencias:

    -Manual práctico de lactancia materna, páxina 24 (explicación breve de por que se necesita)

    -Manual de lactancia da AEP, páxina 93 (explicación detallada de cantidades, trastornos asociados e situacións especiais)

    E para colmo de ignorancia, diche que non fai falta porque xa o tomaches durante o embarazo. E que? por qué pensa este señor que o iodo, como o ácido fólico, é un suplemento diario? porque NON SE ALMACENA, o corpo elimina cada día o sobrante e hai que ilo repoñendo.

    Bicos!

    ResponderEliminar