viernes, 6 de mayo de 2011

O PARTO RESPETADO NA RADIO

Este pasado Día da Nai, a cadena SER emitiu un programiña sobre o parto respetado e o parto en casa, coa colaboración da nosa querida Marta Parra, presidenta da Asociación El Parto es Nuestro

A pesar de que o parto é un momento polo que gran número de españolas pasaron ou pasarán, e algunhas varias veces... a pesar de que esa vivencia nos transforma a vida e xamais se olvida... ata agora nunca pareceu un tema de interese para a sociedade! Ó igual que sucede coa lactancia materna, son cousas das que non se falan demasiado, que non se reflicten nos medios. 

Por iso mesmo, pensamos que este programa, aínda que cortiño, é algo para escoitar e compartir. Confiamos que pouco a pouco, o papel da muller como protagonista do seu propio parto sexa recoñecido, que exista a posibilidade de recibir ós nosos fillos como desexamos, e que ese papel activo sexa valorado e visible de cara ó resto da sociedade. 

Aquí tedes o enlace, un bico!

No hay comentarios:

Publicar un comentario