miércoles, 23 de mayo de 2012

Extracción e conservación de leite materno

Este xoves 24 de maio terá lugar o noso obradoiro "EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE LEITE MATERNO".

Falaremos sobre:

-Como favorecer a extracción do leite
-Tipos de extracción: a man e con sacaleites
-Que ter en conta á hora de elixir un sacaleites
-A incorporación ó traballo e a continuidade da lactancia
-A suplementación con leite materno extraído
-Conservación do leite: transporte, envases e tempos de almacenamento
-Administración: como desconxelar e quentar o leite
-Biberón e outros métodos alternativos


VÉN COMPARTIR AS TÚAS DÚBIDAS E EXPERIENCIAS CONNOSCO!

Casa de Cultura de Bertamiráns, a partir das 18:00 h.



miércoles, 2 de mayo de 2012

Madriñas de lactancia

O martes 15 de maio, a partir das 16:30, Teta e Coliño ofrecerá unha charla en Milladoiro, onde coñeceremos este novo proxecto que tanto promete: as MADRIÑAS DE LACTANCIA

Falaremos de que significa ser Madriña de Lactancia, os requisitos necesarios, qué pode esperar dela a embarazada que a solicite e cal é o protocolo de actuación. Así, daremos por inauguradas a Bolsa de Madriñas e a a Bolsa de Afilladas.


Qué son as MADRIÑAS DE LACTANCIA?

Son nais voluntarias con experiencia en lactancia materna e formación específica ó respecto, que acompañan a outras futuras nais (afilladas) que desexen comezar a informarse para unha lactancia feliz.
Deste xeito, a embarazada que así o solicite conseguirá información de primeira man; e para cando naza o seu bebé terá adquirido un coñecemento directo da lactancia e plena confianza na súa capacidade para aleitar.

Os estudios científicos corroboran que a asistencia a grupos de apoio e a relación con nais lactantes aumenta a taxa de lactancias exitosas.
Por iso queremos animarvos, tanto a nais como a embarazadas, a que participedes deste programa e vos beneficiedes del!

Como me apunto?

Escribe un correo electrónico cos teus datos para apuntarte na bolsa de Madriñas o na bolsa de afilladas: tetaecolo@hotmail.com

Tamén podes apuntarte en calquera das nosas reunións ou talleres.

ANÍMATE!

Se xa es nai, pensa no gratificante que che pode resultar axudar coa túa experiencia a outra futura mamá.

Se estás embarazada, interésache moitísimo ter acceso canto antes a unha boa información e a un apoio para lograr unha lactancia plena e feliz.

Dente Teta e Coliño damos MOITÍSIMAS GRACIAS ás nosas compañeiras da Asociación Sina, que tan amablemente nos cederon o seu protocolo de actuación de Madriñas de Lactancia.

lunes, 30 de abril de 2012

Charla para embarazadas

O vindeiro luns 14 de maio a partir das 12:00 h, Teta e Coliño ofrecerá unha charla para embarazadas no Centro Sociocultural do Milladoiro.

Estará especialmente dirixida a embarazadas, pero como sempre pode acudir calquera persoa interesada en aprender sobre lactancia. Falaremos sobre:

-Teta e Coliño. Que é un grupo de apoio á lactancia, contacto, horarios e servizos que ofrecemos.

-O proxecto de Madriñas de Lactancia para embarazadas

-Coloquio sobre temas de interese: parto e lactancia. Primeiros momentos. O calostro e a subida do leite. Dúbidas frecuentes.

sábado, 31 de marzo de 2012

Así foi o noso aniversario: fotos

MERENDOLA DE MILLADOIRO 




 
 
  


MERENDOLA DE BERTAMIRÁNS

 





CHARLA DE PORTEO
 

 



CHARLA SOBRE O APOIO Á LACTANCIA


 


e SORPRESA!!

Agasallo dun álbum con fotos e dedicatorias
das mamás de TETA E COLIÑO 
a Noelia Prieto,
fundadora da Asociación









GRACIAS A TODAS E TODOS
OS QUE PARTICIPASTES DO NOSO
PRIMEIRO ANIVERSARIO!!!!

IMOS A POR OUTRO ANIÑO MÁIS!!!

sábado, 3 de marzo de 2012

Aniversario de Teta e Coliño

Este mes de marzo 2012, Teta e Coliño celebramos...
o noso PRIMEIRO ANIVERSARIO!!!

Este ano xuntos poderíase definir como "intenso e vertixinoso". Dende o noso mesmo nacemento estivo felizmente cheo de consultas, xuntanzas e moitas actividades!
Sen dúbida, o máis emocionante foi ir vendo medrar a tantos bebés durante todos estes meses; e saber que, dalgunha maneira, puxemos o noso granciño de area para moitas desas exitosas lactancias maternas. Noraboa, mamis e peques!!

Tamén foi un gran motivo de alegría abrir a nosa segunda sede, e que as reunións resultasen tan concurridas como as da primeira. Gracias por facelo posible!!

Por suposto, non poderiamos celebrar unha data tan especial doutro xeito que cun feixe de propostas para este mes de marzo, que esperamos que vos resulten interesantes e divertidas. Unha aperta moi forte para todas, e vémonos nas charlas e merendolas!


MARTES 6 de marzo
-REUNIÓN MERENDOLA
Casa de Cultura do Milladoiro, ás 16:30 h


MARTES 13 de marzo
-OBRADOIRO DE PORTEO. A cargo de Susana Cenalmor, mamá experta en portabebés.
Casa de Cultura do Milladoiro, ás 16:30


XOVES 15 de marzo
-REUNIÓN MERENDOLA
Casa de Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 h


VENRES 16 de marzo
-CHARLA SOBRE OS GRUPOS DE APOIO Á LACTANCIA MATERNA
-PROXECCIÓN DO VÍDEO "12 meses de Teta e Coliño"
Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns, ás 17:30


Acceso libre e gratuíto a todas as actividades. Os nenos son moi benvidos